ABERTO O PRAZO DE MATRICULA PARA CURSO DE VERÁN DA U.S.C.
Publicado 29.05.2012
ABERTO PRAZO DE MATRICULA CURSO DE VERANO U.S.C.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do departamento de Socioloxía da Educación e en Colaboración co Concello de Padrón (A Coruña) vai organizar os días 6, 7 e 8 de setembro de 2012 un Curso de Verán da USC que terá como título: CINE SOCIAL DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO, e no que se pretende debatir e reflexionar sobre as potencialidades da conxugación destes ámbitos para a transmisión de contidos.
O evento dará cita en Padrón a directores e directoras de relevancia a nivel autonómico e nacional, así como ás principais produtoras galegas do panorama audiovisual.
O prazo de matrcícula xa está aberto. Pódense consultar as características do curso mediante os seguintes enlaces ou ben solicitando información a través do seguinte enderezo de correo electrónico: correo@padron.dicoruna.es
Programa do curso: http://www.usc.es/cultura/uveran27_12.htm
Matrícula: http://www.usc.es/cultura/uveran12cursos.htm#PADRÓN
Twitter do curso: @cursouscpadron






