El Concello de Padrón cierra el programa del Santiaguiño do Monte
10.08.2011 O Concello de Padrón ten practicamente pechado o programa do Santiaguiño do Monte, cuxo orzamento rolda os 30.000 euros, segundo informou a edila responsable de Festexos, Elena Romeu. A celebración arrinca o martes coa inauguración dunha exposición no auditorio municipal, baixo o título de Imaxe vs Verso. Trátase dunha combinación de fotografías asinadas por Mon Beiró e de versos escritos por Fernando Castaño.

Xa o venres, día 22, haberá un concerto de folk a cargo da cantante Uxía na praza de Macías, seguido da actuación do grupo Alann Bique. O sábado, ao once e media, comezará o espectáculo Como cho conto, Lela do grupo Cantigas e Agarimos, na praza de Macías. O domingo pola tarde destaca o campionato de paintball para mozos de máis de 16 anos, ademais do tradicional derbi asnal, que regresa ás rúas da vila.
Pola noite, actuación de humor con Moita e Nucha, as cantareiras de Ardebullo. Xa o luns, é o día subirse ao monte a pasar a xornada. Para iso haberá misa na capela, repartición de 400 quilogramos de sardiñas, pan de millo e, por primeira vez, bolos preñados, ademais de música tradicional, festa da espuma, inchables para os máis pequenos e un xogo de orientación con GPS para os de máis de 14 anos.
Fonte: LA VOZ DE GALICIA






