Piden que o tren de Vilagarcía a Santiago sexa de interés social
03.12.2010 A comisión en defensa do tren de proximidade entre Vilagarcía e Santiago, integrada por dez municipios, mantivo onte unha reunión en Padrón aínda que con menor asistencia do esperado debido ao mal tempo, de modo que só acudiu unha representación do Concello anfitrión, de Ames e de Cesures, ademais da Federación Española de Asociacións de Amigos do Ferrocarril, xunto coa entidade de Compostela.

Ao termo do encontro, o presidente da primeira asociación e un dos portavoces da comisión, Carlos Abellán, explicou que a cita serviu para, unha vez máis, pór de manifesto a «importancia da liña convencional» entre Vilagarcía e Santiago de Compostela, como un futuro servizo de proximidade, ademais da necesidade de que este chegue até o aeroporto de Lavacolla. Nesta liña, a comisión integrada polos Concellos de Padrón, Rois, Teo, Ames Santiago, O Pino, Cesures, Valga, Catoira e Vilagarcía, ademais da Federación Española, traballará para conseguir que o Ministerio de Fomento declare o trazado convencional como de «interese social», segundo explicou Abellán.
Así mesmo, a reunión serviu para pór de manifesto a necesidade de sacar todo o proveito posible ao tramo entre Vilagarcía e Santiago e, con iso, evitar o seu desmantelamento unha vez que entre en funcionamento o tren de alta velocidade. Así, unha das propostas faladas onte pasa por pór en marcha un plan de accesibilidade ás estacións de tren de concellos como Padrón, Cesures ou Catoria, así como a necesidade de conectar estas con as de autobuses creando así un servizo intermodal.
Para sacar o maior proveito á vía convencional, outra das propostas debatidas onte refírese ao uso cultural que pode ter detrás o servizo de proximidade de modo que, a través do tren, os usuarios poidan chegar até os puntos de interese de cada municipio do percorrido, desde Cásaa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón até as Torres de Catoira.
A reunión tamén abordou o tema do metro lixeiro e da necesidade de que este medio vertebre a comarca de Santiago, desde os principais servizos da capital de Galicia aos municipios limítrofes como Ames. Así mesmo, falouse da necesidade de suprimir algúns pasos a nivel que existen no trazado, como o da Matanza, en Padrón.
Tras a reunión de onte e até a próxima, fixada para primeiros do próximo ano, cada un do dez Concello debe analizar as propostas que lle afectan directamente e, se é o caso, levalas a pleno para a súa correspondente aprobación. O obxectivo da comisión en defensa do tren de proximidade é ir ao Ministerio de Fomento con «propostas concretas» para manter e potenciar a liña de proximidade, e demostrar que son factibles.
Fuente: La Voz de Galicia






